domingo, 21 de marzo de 2010










Eliminar formato de la selección
























A pasta de modelar foi a materia empregada para facer uns bonitos deseños ao gusto dos nenos e nenas: animais, platillos, ceniceiros, etc... Logo de estar seca pintámolos con rotuladores de punta fina e grosa. Eles quixeron adicar estes traballos ás súas nais, pais, amigos, amigas...



Traballamos as cores primarias emulando a Piet Mondrian, pintor holandés que utilizaba liñas xeométricas e cores primarias: vermello, amarelo e azul.

domingo, 28 de febrero de 2010





As máscaras do Entroido (Carnival) levámolas a casa para decorar as nosas habitacións. Mirade as fotos que nos sacou a teacher mentras traballábamos na Aula de Plástica.

Comenzamos a andar...

Neste curso 2009/10, no noso colexio "Ría de Vigo", comenzou a miña andadura cunha Sección Bilingüe na asignatura de Educación Plástica de 3º curso de Educación Primaria. Esta idea comenzou a rondar na miña cabeza hai un ano e, no mes de maio, fixen a solicitude á Consellería de Educación, a cal veu concedida a principios deste curso. No mes de xaneiro recibimos a dotación económica de 450 euros para a compra de material e libros.